lunes, 24 de septiembre de 2012




DESFINICIÓNS

A continuación deixámosvos unha serie de definicións "lógicas" que non aparecen no diccionario

aparatoso: oso con aparato nos dentes
canapé: cana que sae entre os dedos dos pés
monopatín: mono que se despraza con patíns
elefante: ducha da selva
monobús: mono que conduce un autobús
pistilo: mexar con moito estilo
microbús: microbio que viaxa en autobús
donaire: señor que che dá aire cando estás sofocado
salchichón: chichón salado
refresco: persoa que é o dobre de fresca
canapé: can que se pon de pé sobre as patas de atrás
pistilo: infusión que cheira a pis
donaire: un aire moi mandón
aparatoso: aparato dental para osos
caramelos: botóns de diferentes sabores
palmeira: rascador no deserto
camaleón: león que dorme nunha cama
cebra: cabalo que aínda non remataron de pintar, deixándoo a raias
león: gato xigante con guedellas
guepardo: gato a puntos
cempés: número con pés
tigre: gato a raias
laranxa: minipelota de baloncesto que non bota
serpe: ser que está sempre de pé
trampilla: silla con trampa
xirafa: animal que nunca se acaba
saltamontes: insecto que se despraza saltando dun monte a outro
lentillas: avoas que van moi de vagar
bombilla: bomba moi pequena
rompecabezas: dise do irresponsable que vai en moto sen casco
camaleón: león que vende camas
tartaruga: tarta moi enrugada
contagotas: aparato que nos di cantas gotas da choiva van caer
princesa: ra convertida en persoa
xirasol: sol que non para de dar voltas
camiseta: seta moi pequena que se despraza
paraugas: paracaidas para baixar pola auga
xirafa: rascador da selva
limón: pelota de rugbi pequena e amarela

lunes, 17 de septiembre de 2012

Ola a todas e a todos.

Que tal estamos hoxe?

Acabáronse as vacacións, e xa estamos nun novo curso coas forzas e ilusións renovadas. Queremos aproveitar este comezo para darlle  a benvida ás familias a este blog, que vai ser o noso punto de encontro. Aqui deixaremos reflectidos tódolos nosos traballos e esforzos durante as clases do profe José Antonio, tanto en Lingua Galega como en Coñecemento do Medio.

Ademáis, tamén participaremos en diferentes actividades que irán xurdindo ao longo do curso noutros centros escolares. Polo de agora xa estamos anotados a dúas:

      - kuentalibros

Desexándovos un bo e divertido curso... apretade o cinto e agarrádevos forte que...ISTO EMPEZA